lunes, 13 de abril de 2009

Subindo por as escaleiras, que hai na rúa da Roda antes de achegar a o "Pirun" ou rúa da Cal atopámonos con estas escaleiras que foron feitas polos nosos antepasados na propia pedra no que eles lle chamaban Fonte do mar dende poñían a secar as redes.
Como podedes comprobar están un pouco cheas de herbas pero consérvanse igual.

jueves, 9 de abril de 2009

martes, 7 de abril de 2009

O sosego




Despois de tanto bulir , senta moi ben acougar un anaco neste banco , que parece o mais longo do mundo , esta na beira do rio Coura , na Avenida Camões en Caminha .

lunes, 6 de abril de 2009

Beiramar






Esta é unha pequena parte dos animaliños e flores que podes atopar paseando pola costa e as paisaxes tampouco estan mal solo tes que mirar de preto .

Flores

As flores que aparecen nesta foto chamamoslle en Galicia Herba de Namorar. Di a lenda que arrincado unha delas e gardandoa no peto da persoa que queres sen que ela déase conta, consegues que se namore de tí . A lenda é bonita , pero recorda que estamos facendoa desaparecer . Respetemola e protexamola . Estas naceron na costa da Guarda .

jueves, 2 de abril de 2009