martes, 30 de junio de 2009


Este e outro faro con outra historia.
Chamase Tevenec,esta situado na punta de Raz na Bretaña francesa. O paso desde punta Raz ata a illa de Sein e de enorme dificultade e perigo por a forza destructible do mar.
Navegar por estes lares de noite e moi perigoso xa que existe un corredor navegable ata a costa de Sein. A súa construción tivo moitas dificultades o forte oleaxe e as terribles correntes fixeron suspender mais dunha vez os traballos do faro. Cinco anos tardaron na súa construción.
Aunque a altura da roca álzase 14 metros sobre o nivel do mar, sempre esta barrida por as olas.
Casi ningún fareiro antigamente permanecia moito tempo, non soportaban a soidade.
Segun os gardas "isto nun e un faro en alta mar isto e un "inferno"
O maldito faro tivo unha traxedia un fareiro morreu e a súa dona tivo que ver como se descompoñía o cadáver do seu home.Catro meses desesperantes ata que chegou o relevo.
Todo un cúmulo de factores que fixeron deste faro unha tortura para todo aquel que ousaba residir nel.
En 1910 foi automatizado.

No hay comentarios: