lunes, 27 de abril de 2009

As xoaniñas

Estes dias empezan a visitarnos estes pequenos insectos, as xoaniñas , son consideradas como animais da boa sorte en moitos lugares . De feito matar unha considérase algo tan malo como romper un espello ou cruzarse cun gato negro .
No sur de Francia existe a crenza de que , se unha moza quere saber cando vai casar , debe pór un destes insectos na punta do dedo e empezar a contar . O numero ao que chegue , cando a xoaniña bote avoar serán os anos que tardará en atopar marido . Nos anos 1880 utilizarona algúns doutores para curar a varicela . E machucados e postos sobre un dente , podían curar a dor . Aos granxeiros ingleses e os viticultores franceses , é sinal de bo tempo .
Que non deixen de vir .

1 comentario:

Anónimo dijo...

como mola la foto de la mariquita.
mamuchiiiii.